O Concello de Chantada comeza a peatonalización do casco histórico

O Concello de Chantada comeza a peatonalización do casco histórico

O Concello de Chantada comezou a primeira fase do proxecto de peatonalización do casco histórico da vila co peche ao tráfico da Praza do Cantón e a Rúa do Comercio. A decisión de peatonalizar ten como obxectivo conservar o casco histórico, potencialo e poñelo en valor. Nas rúas non se levará a cabo ningunha obra xa que o obxectivo é preservalas e garantir espazo para os viandantes. 

Un dos motivos que levou ao concello de Chantada a tomar a decisión de peatonalizar o centro é o feito de que o Camiño de Inverno pasa pola vila, polo que o próximo ano teñen previsto levar a cabo a segunda fase de peatonalización integral de todo o centro histórico. 

 

Fonte | El Progreso