O Concello de Trabada fai entrega da primera vivenda gratuíta

O Concello de Trabada fai entrega da primera vivenda gratuíta

Unha parella senegalesa, con tres fillos menores, foi a primeira beneficiada da concesión dunha vivenda gratuíta no Concello de Trabada. A medida forma parte do plan de captación demográfica levado a cabo polo Concello, co obxectivo de aumentar o número de nenos escolarizados no centro educativo local e, así, evitar o seu peche, á vez que aumentar o número de residentes no municipio. Así, lanzaron a oferta de emprego e vivenda para aquelas familias que fixesen o traslado a Trabada. Neste caso, por motivos laborais, o cambio de residencia será efectivo en setembro.

Fonte.- La Voz de Galicia