O Concello de Vigo avanza na creación da Empresa Municipal de Vivenda con 8,6 millóns de dotación inicial | Observatorio de Vivenda

O Concello de Vigo avanza na creación da Empresa Municipal de Vivenda con 8,6 millóns de dotación inicial

O Concello de Vigo avanza na creación da Empresa Municipal de Vivenda con 8,6 millóns de dotación inicial

O Concello de Vigo continúa o proceso de creación da súa Empresa Municipal de Vivenda, que contará cun capital inicial de 8,6 millóns de euros, unha cifra que duplica a estimación inicial. A comisión encargada da súa posta en marcha aprobou a memoria xustificativa, aínda que o proxecto precisa de informes municipais e autonómicos antes de ser elevado ao pleno para a súa aprobación definitiva. O documento define o marco de actuación da entidade, centrado na promoción, construción e rehabilitación de vivenda protexida a prezos taxados, así como na xestión de alugueiros accesibles.

Entre as actuacións previstas inclúese o desenvolvemento de arredor de 200 vivendas en Santa Cristina de Lavadores, ademais da xestión de 27 inmobles en Esturáns e posibles promocións en Barreiro. A empresa tamén participará en áreas de rehabilitación integral financiadas con fondos estatais e contempla a adquisición de vivendas para destinalas ao alugueiro asequible. A memoria incorpora unha análise da taxa interna de retorno (TIR), que avala a viabilidade económica do proxecto, cuxo capital será achegado integramente polo Concello, con posibilidade de ampliación futura.

Fonte.- Atlántico