O Consell da Comunitat Valenciana eleva o prezo máximo da vivenda protexida e chega aos 2.568 euros por metro cadrado | Observatorio de Vivenda

O Consell da Comunitat Valenciana eleva o prezo máximo da vivenda protexida e chega aos 2.568 euros por metro cadrado

O Consell da Comunitat Valenciana eleva o prezo máximo da vivenda protexida e chega aos 2.568 euros por metro cadrado

O Consell da Comunitat Valenciana aprobou unha nova actualización do prezo máximo da vivenda de protección pública, que pasa de 2.400 a 2.568 euros por metro cadrado, un incremento do 7%. Coa modificación, o encarecemento acumulado do módulo alcanza o 16,7% respecto dos 2.200 euros fixados en 2023. Así, unha vivenda protexida de 90 metros cadrados pasa dun prezo de 198.000 a 231.120 euros. As organizacións promotoras defendían a revisión dos módulos para compensar o aumento dos custos de construción e evitar que a promoción de VPP deixase de ser viable. 

A actualización prodúcese no marco do Plan Vive, que contempla a construción de 10.000 vivendas durante a lexislatura. Segundo o balance da Entidade Valenciana de Vivenda e Solo (EVHA), constan 192 vivendas rematadas, 2.062 en construción, 1.578 adxudicadas e 1.268 en fase de licitación. O Goberno autonómico defende que o incremento é moderado fronte á evolución dos custos de construción, que cifra nun 21,79% desde decembro de 2024, e asegura que a revisión busca garantir a viabilidade das novas promocións.

Fonte.- El Diario