O custo do alugueiro na Coruña é 200 euros máis alto que fai cinco anos, segundo datos de Idealista | Observatorio de Vivenda

O custo do alugueiro na Coruña é 200 euros máis alto que fai cinco anos, segundo datos de Idealista

O custo do alugueiro na Coruña é 200 euros máis alto que fai cinco anos, segundo datos de Idealista

O mes de xuño continuou coa tendencia á alza no mercado do alugueiro na cidade da Coruña. Segundo datos da plataforma Idealista, arrendar unha vivenda custa hoxe un 34% máis que no ano 2020. Isto tradúcese nun incremento medio de máis de 200 euros mensuais para un piso de oitenta metros cadrados. Mentres que hai cinco anos o prezo medio do metro cadrado era de 8,2 euros, actualmente sitúase nun récord histórico de 11 euros. Esta evolución representa que un piso que en 2019 custaba 656 euros ao mes, agora supera os 880. Incluso en comparación con períodos máis recentes, como xuño de 2024, a suba é significativa: un 10% máis caro este ano, chegando ata un 30,9% máis respecto a 2022.

Esta escalada de prezos tamén se reflicte nas distintas zonas da cidade, onde ata seis barrios acadaron máximos históricos en xuño. A zona máis cara segue sendo a Cidade Vella, con 13 euros por metro cadrado, seguida de Monte Alto (12 euros) e o Ensanche-Juan Flórez (11,7). Someso-Matogrande destacou cunha suba mensual do 5,2%, chegando aos 10 euros por metro cadrado. O ránking complétano Cuatro Caminos-A Cubela (10,8), Os Mallos (10,4), Riazor-Los Rosales (10,3), Os Castros-O Castrillón-Eirís (10) e Agra do Orzán (9,9). Só tres destas zonas viron unha lixeira baixada de prezos respecto ao mes anterior: Cuatro Caminos, Os Castros e Agra do Orzán. 

Fonte.- El Ideal Gallego