O esforzo para acceder a unha vivenda en alugueiro aumenta nas catro provincias galegas, segundo Idealista | Observatorio de Vivenda

O esforzo para acceder a unha vivenda en alugueiro aumenta nas catro provincias galegas, segundo Idealista

O esforzo para acceder a unha vivenda en alugueiro aumenta nas catro provincias galegas, segundo Idealista

O esforzo económico para acceder a unha vivenda aumentou nas catro provincias galegas, tanto no alugueiro como na compra, segundo un estudo de Idealista. Pontevedra concentra os maiores incrementos, cun 27 % máis de esforzo no arrendamento e un 22 % na adquisición; na cidade, as subidas son do 25 % e do 23 %, respectivamente. Na Coruña, o esforzo para alugar medra un 22 % e o da compra un 18 %, mentres que na cidade alcanza o 23 % e o 24 %.

Doutra banda, en Lugo, os incrementos provinciais sitúanse no 22 % para o alugueiro e no 15 % para a compra, fronte ao 22 % e 17 % da capital. En Ourense, o aumento é do 23 % no arrendamento e do 12 % na adquisición, mentres que na cidade chega ao 22 % e ao 19 %. No conxunto de España, o alugueiro representa o 39 % dos ingresos netos dos fogares, fronte ao 29 % necesario para a compra. 

Fonte.- La Voz de Galicia