O Fondo de Cooperación da Xunta facilita ao Concello de Forcarei a rehabilitación de 10 vivendas escolares municipais | Observatorio de Vivenda

O Fondo de Cooperación da Xunta facilita ao Concello de Forcarei a rehabilitación de 10 vivendas escolares municipais

O Fondo de Cooperación da Xunta facilita ao Concello de Forcarei a rehabilitación de 10 vivendas escolares municipais

Así, a rehabilitación destas vivendas presenta unha especial relevancia social porque incrementa a oferta de inmobles habitables nun concello rural e contribúe á reutilización dun patrimonio público xa existente, evitando o seu deterioro progresivo. Neste caso o Fondo de Cooperación da Xunta financiará este proxecto cun importe de 426.909 euros.

Estas intervencións desenvolverase mediante a iniciativa do departamento que dirixe M. Allegue, que está destinada a financiar actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes, dotado con algo más de 3M€. Trátase de préstamos sen xuros que os concellos poden devolver no prazo máximo de 8 anos.

O prazo para que os concellos poidan solicitar este préstamo sen xuros mantense aberto ata o 15 de outubro.

Axuda para rehabilitación

No caso destas 10 vivendas, a Xunta xa concedera tamén unha achega autonómica de 650.000 euros a este concello pontevedrés, ao abeiro da liña de axudas aos concellos para a rehabilitación de inmobles de titularidade municipal.

Fonte.- Xunta de Galicia