O Fondo de Cooperación da Xunta permite ao Concello de Curtis a recuperación e posta en valor de dúas edificacións da avenida Doutor Martínez Pardo para destinalas a usos sociais e culturais | Observatorio de Vivenda

O Fondo de Cooperación da Xunta permite ao Concello de Curtis a recuperación e posta en valor de dúas edificacións da avenida Doutor Martínez Pardo para destinalas a usos sociais e culturais

O Fondo de Cooperación da Xunta permite ao Concello de Curtis a recuperación e posta en valor de dúas edificacións da avenida Doutor Martínez Pardo para destinalas a usos sociais e culturais

A Xunta colabora co Concello de Curtis na recuperación e posta en valor de dúas edificacións situadas na avenida Doutor Martínez Pardo, números 14 e 12, co obxectivo de destinalas a usos sociais e culturais.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, xunto co secretario xeral da Consellería, Yago Borrajo, asinou esta tarde co alcalde de Curtis, Javier Caínzos, dous convenios de colaboración para o financiamento destas dúas actuacións.

Trátase da concesión de dous préstamos, sen xuros, do Fondo de Cooperación da Xunta para municipios de menos de 50.000 habitantes, que suman un importe total de 330.000 euros.

En concreto, un dos convenios firmado en San Caetano no marco deste fondo, permite a adquisición da parcela situada na Avda. Doutor Martínez Pardo, 14 de Teixeiro, por un importe de 300.000 euros. Trátase dunha parcela que conta cunha edificación singular que data de 1930. Desde o Concello buscan evitar a degradación da construción para transformala nun lugar de dinamización social para maiores e centros de formación e ocio para a mocidade do municipio.

Pola outra banda, a través do segundo convenio selado, a Administración local proponse a adquisición, por 30.000 euros, dunha segunda parcela na Avda. Doutor Martínez Pardo número 12. A adquisición desta propiedade non só resolve a necesidade inmediata de espazo para servizos municipais, senón que tamén permite unha planificación urbanística cohesionada, integrando as novas dotacións na trama urbana consolidada de Teixeiro e asegurando o mantemento da estética e a coherencia formal do conxunto.

Estas intervencións desenvolverase mediante a iniciativa da Xunta que está destinada a financiar actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes, dotado con algo más de 3M€. Trátase de préstamos sen xuros que os concellos poden devolver no prazo máximo de 8 anos.

Estes préstamos sen xuros ao Concello de Curtis correspóndese á convocatoria 2025 desta liña de achegas, que estará aberta ata o vindeiro 15 de outubro.

Fonte.- Xunta de Galicia