O Goberno británico aposta por reforzar a vivenda pública municipal cun investimento de 39.000 millóns de libras | Observatorio de Vivenda

O Goberno británico aposta por reforzar a vivenda pública municipal cun investimento de 39.000 millóns de libras

O Goberno británico aposta por reforzar a vivenda pública municipal cun investimento de 39.000 millóns de libras

O futuro Goberno do Reino Unido anunciou a súa intención de impulsar un amplo programa de vivenda pública municipal, co obxectivo de construír arredor de 300.000 vivendas en dez anos mediante un investimento de 39.000 millóns de libras (uns 46.000 millóns de euros). A proposta prevé trasladar aos concellos a xestión dos fondos destinados á vivenda asequible, reforzando o seu papel como promotores públicos. O proxecto pretende reducir a dependencia do mercado privado do alugueiro e conter o elevado gasto público en axudas ao alugueiro, que alcanza os 38.000 millóns de libras anuais, así como o incremento do custo do aloxamento temporal para persoas en situación de vulnerabilidade.

Diversos expertos advirten, con todo, das dificultades para executar o plan debido á limitada capacidade construtiva dos concellos, tras décadas de redución da promoción pública e da transferencia do parque residencial a asociacións de vivenda. Tamén sinalan que priorizar vivenda pública con alugueiros sociais elevaría o custo do programa ata uns 48.000 millóns de libras ou obrigaría a reducir entre 60.000 e 75.000 o número de vivendas previstas. Ademais, existen incógnitas sobre a dispoñibilidade dos fondos xa comprometidos e sobre a planificación necesaria para recuperar niveis de construción comparables aos rexistrados durante a posguerra.

Fonte.- Idealista