O Goberno Central prevé aprobar o Plan Estatal de Vivenda a próxima semana, con 7.000 millóns para ampliar o parque público | Observatorio de Vivenda

O Goberno Central prevé aprobar o Plan Estatal de Vivenda a próxima semana, con 7.000 millóns para ampliar o parque público

O Goberno Central prevé aprobar o Plan Estatal de Vivenda a próxima semana, con 7.000 millóns para ampliar o parque público

O Goberno prevé aprobar un novo Plan Estatal de Vivenda 2026-2030 cun orzamento total de 7.000 millóns de euros, financiado nun 60% polo Estado e nun 40% polas comunidades autónomas. O programa estrutúrase en tres grandes eixos: o 40% dos fondos destinarase a ampliar o parque de vivenda pública, o 30% á rehabilitación de edificios e barrios e o 30% restante a axudas sociais, como o apoio ao alugueiro accesible, a emancipación xuvenil ou a redución do esforzo económico dos fogares vulnerables. O obxectivo é elevar o parque público ata o 9% do total, en liña cos estándares europeos.

O plan incorpora medidas específicas como subvencións de ata 20.500 euros para rehabilitación enerxética, 13.000 euros para accesibilidade e ata 8.000 euros para actuacións estruturais, con casos que poden acadar os 50.000 euros en contornos protexidos. Tamén se contemplan incentivos para mobilizar vivenda privada cara ao alugueiro accesible, con axudas de ata 35.000 euros para rehabilitar inmobles baleiros e compensacións por cesión temporal. Ademais, inclúense axudas de ata 85.000 euros para nova construción en municipios pequenos e de ata 15.000 euros para mozos compradores, especialmente en zonas rurais ou con perda de poboación.

Fonte.- El País