O Goberno de Hong Kong incrementa a fiscalidade sobre operacións residenciais para vivendas de máis de 10,8 millóns de euros | Observatorio de Vivenda

O Goberno de Hong Kong incrementa a fiscalidade sobre operacións residenciais para vivendas de máis de 10,8 millóns de euros

O Goberno de Hong Kong incrementa a fiscalidade sobre operacións residenciais para vivendas de máis de 10,8 millóns de euros

Os novos Orzamentos de Hong Kong incorporan unha suba do imposto de timbre nas transaccións de vivendas cun valor superior a 100 millóns de dólares de Hong Kong (uns 10,8 millóns de euros). O tipo impositivo aumenta do 4,25% ao 6,5% e aplícase de maneira inmediata. A medida afectará arredor do 0,3% das compravendas na cidade e prevese que xere máis de 1.000 millóns de dólares de Hong Kong adicionais, o que supera os 100 millóns de euros en recadación.

Analistas do sector sinalan que o impacto sobre a recuperación do segmento inmobiliario ‘premium’ será limitado, xa que este perfil de comprador presenta menor sensibilidade aos prezos. Segundo datos de Knight Frank, Hong Kong contabilizou 232 operacións por riba dos 10 millóns de euros en 2025, o mellor rexistro desde 2021, situándose no segundo posto mundial só por detrás de Dubái. O volume destas transaccións aproximouse aos 4.300 millóns de dólares estadounidenses (uns 3.645 millóns de euros), lixeiramente por baixo do exercicio anterior pero entre as cifras máis elevadas do último lustro. Ademais, o Executivo modificou a Ordenanza de Facenda para aplicar o imposto mínimo global promovido pola OCDE e introducir un imposto complementario para grupos multinacionais con ingresos consolidados iguais ou superiores a 750 millóns de euros, medida coa que se estiman ingresos adicionais de arredor de 15.000 millóns de dólares de Hong Kong (máis de 1.600 millóns de euros) a partir do exercicio 2027-28.

Fonte.- Idealista