O goberno de Portugal reforza a recuperación do parque público residencial promovendo a rehabilitación en 5.800 vivendas | Observatorio de Vivenda

O goberno de Portugal reforza a recuperación do parque público residencial promovendo a rehabilitación en 5.800 vivendas

O goberno de Portugal reforza a recuperación do parque público residencial promovendo a rehabilitación en 5.800 vivendas

O Instituto da Habitação e da Reabilitação Urbana (IHRU) está a desenvolver un plan de rehabilitación do seu patrimonio residencial que beneficiará arredor de 5.800 vivendas, ás que se suman outras 4.400 xa incluídas en actuacións anteriores. O programa contempla melloras nas fachadas, nas zonas comúns e nos espazos exteriores dos edificios, co obxectivo de incrementar a eficiencia enerxética, o confort acústico, a seguridade estrutural e a accesibilidade para persoas con mobilidade reducida.

A intervención desenvolverase por fases. Unha primeira etapa xa abrangue 4.400 vivendas, mentres que outras 1.500 están en fase de proxecto ou contratación das obras. A seguinte fase prevé actuar en máis de 1.800 inmobles, ademais de iniciar os procedementos para rehabilitar outras 4.000 vivendas cun horizonte de execución ata 2028. O plan incorpora tamén un novo modelo de xestión dos barrios públicos, baseado na colaboración entre o IHRU, os concellos e as asociacións veciñais para garantir o mantemento dos espazos comúns e exteriores.

Fonte.- Governo de Portugal