O Goberno incorporará unha regulación do alugueiro na futura Lei de Vivenda | Observatorio de Vivenda

O Goberno incorporará unha regulación do alugueiro na futura Lei de Vivenda

O Goberno incorporará unha regulación do alugueiro na futura Lei de Vivenda

O Executivo non aprecia ilegalidade nas normas que se aplican actualmente en Cataluña en matería de limitación de alugueres, senón nas competencias que deben asumir o Estado e a Comunidade Autónoma na xestión do dereito á vivenda.

De feito, fontes do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) explican que a normativa que se está negociando no ámbito de Vivineda inclúe, ademais de incentivos fiscais para os propietarios que abaraten o alugueiro aos arrendatarios, unha regulación do alugueiro nas zonas tensionadas. Entre os 'controis' que están sobre a mesa atópase, por exemplo, obrigar aos arrendadores a aplicar aos novos contratos as mesmas condicións que tiñan os anteriores inquilinos ou conxelar as rendas durante parte do contrato (é dicir, que non se poida actualizar o prezo mensual), a condición de que a vivenda se atope nunha zona tensionada e durante o tempo que sexa considerada como tal. 

Así, a vixencia da declaración dun ámbito territorial como zona de mercado residencial tensionado será de tres anos, podendo prorrogarse anualmente e a Administración competente realizará un Plan de Acción específico que programará as medidas necesarias para a corrección dos desequilibrios no mercado de alugueiro.

A nova lei estatal de vivenda, cuxa aprobación se esperaba para xaneiro, espérase para as próximas semanas.

Fonte | Idealista