O Goberno portugués destaca o freo das rendas e o aumento da construción residencial | Observatorio de Vivenda

O Goberno portugués destaca o freo das rendas e o aumento da construción residencial

O Goberno portugués destaca o freo das rendas e o aumento da construción residencial

O ministro de Infraestruturas e Vivenda, Miguel Pinto Luz, expuxo no Parlamento que o mercado residencial amosa indicios de mellora, cun incremento da oferta dispoñible e unha moderación no ritmo de subida dos alugueiros. A pesar de recoñecer a persistencia dunha situación complexa, sinalou que os datos reflicten unha evolución positiva, cun maior número de vivendas no mercado. No ámbito dos prezos, indicou que o crecemento das rendas desacelerouse nas principais áreas metropolitanas: pasou do 5% ao 1% en Lisboa e do 5% ao 3% en Porto. Ademais, o alugueiro medio solicitado rexistrou unha caída do 2% a nivel estatal e do 1% na área lisboeta entre 2024 e 2025.

No eido da construción, destacou que o investimento acadou os 28.000 millóns de euros en 2025, o que supón un aumento do 5,5%, segundo datos da AICCOPN. Pola súa banda, as licitacións de obra pública situáronse arredor dos 10.000 millóns de euros, unha cifra cualificada como excepcional. O ministro vinculou estes indicadores cun incremento da confianza no sector, subliñando que se está a construír máis e que existen máis vivendas en alugueiro. Ademais, informou de que xa se transferiron 75 vivendas de titularidade pública aos concellos.

Fonte.- The Portugal News