O Goberno vasco anuncia a construción de novas plantas en 65 edificios públicos para crear 2.000 vivendas de alugueiro alcanzable | Observatorio de Vivenda

O Goberno vasco anuncia a construción de novas plantas en 65 edificios públicos para crear 2.000 vivendas de alugueiro alcanzable

O Goberno vasco anuncia a construción de novas plantas en 65 edificios públicos para crear 2.000 vivendas de alugueiro alcanzable

O Goberno Vasco presentou unha nova estratexia para facer fronte á crecente demanda de vivenda accesible en Euskadi. O plan contempla a construción de ata dúas novas plantas residenciais sobre 65 edificios públicos de alugueiro, o que permitiría triplicar o actual parque de vivenda sen ocupar novo solo. Con esta medida, preténdese engadir arredor de 2.000 inmobles aos xa existentes e aos que están en construción. Segundo explicou o conselleiro de Vivenda e Axenda Urbana, Denis Itxaso, estas novas unidades, ao considerarse dotacionais, non aumentan a edificabilidade e poden executarse mediante un estudo de detalle, un procedemento máis áxil ca a aprobación dun plan especial.

A iniciativa, incluída na Lei de Medidas Urxentes de Vivenda, Solo e Urbanismo, prevé comezar con seis proxectos piloto en Álava, Bizkaia e Gipuzkoa antes de rematar o ano, que suporán entre 210 e 250 novas vivendas de alugueiro temporal, principalmente para mozos e persoas en inserción laboral. Ademais, o programa incorpora unha colaboración co proxecto Kabian, que aposta por métodos de construción lixeira e modular en madeira, reducindo custos e impacto ambiental. Esta proposta chega nun contexto de máxima dificultade para acceder á vivenda, cun mercado inmobiliario que acada prezos históricos tanto no alugueiro coma na compra.

Fonte.- Idealista