O Goberno Vasco lanza unha liña de avais de 144 millóns para facilitar a compra da primeira vivenda á xente moza | Observatorio de Vivenda

O Goberno Vasco lanza unha liña de avais de 144 millóns para facilitar a compra da primeira vivenda á xente moza

O Goberno Vasco lanza unha liña de avais de 144 millóns para facilitar a compra da primeira vivenda á xente moza

O Goberno Vasco vén de aprobar unha nova medida de apoio á mocidade para acceder á súa primeira vivenda: unha liña de avais públicos cun orzamento de 144 millóns de euros. A iniciativa está dirixida a persoas de entre 18 e 39 anos que leven residindo en Euskadi polo menos dous dos últimos cinco anos e que teñan uns ingresos anuais inferiores a 50.400 euros no caso de solicitantes individuais, ou 86.400 euros no caso de parellas ou dous titulares. O obxectivo é facilitar a compra de ata 3.000 vivendas ata o ano 2029, ofrecendo unha cobertura de ata o 100% do financiamento para aquelas persoas que non dispoñen do aforro necesario para afrontar a entrada inicial que esixen as hipotecas.

Non poderán acollerse ao programa quen sexa titular doutra vivenda, salvo en casos excepcionais como herdanzas parciais, separacións ou inmobles en mal estado. Ademais, a vivenda adquirida deberá destinarse a residencia habitual e permanente durante o período en que estea vixente o aval, polo que non poderá ser alugada nin usada con fins comerciais. Os avais cubrirán entre o 80% e o 100% do menor valor entre o prezo de compravenda e a tasación, sendo o 20% restante o que normalmente non financian os bancos. Só se poderán acoller vivendas, novas ou de segunda man, situadas en Euskadi cun prezo máximo de 340.000 euros, cifra establecida segundo datos actualizados do mercado inmobiliario vasco en 2024.

Fonte.- Idealista