O mercado de pisos turísticos segue aumentando

O mercado de pisos turísticos segue aumentando

O boom que vive Galicia no mercado de vivendas de uso turístico en alugueiro segue o seu curso. Especialmente nas grandes cidades, o parque de vivendas turísticas non deixa de medrar. Vigo, por exemplo, duplicou o número de vivendas no último ano. Unha rendibilidade media arredor do 8 por cento é o principal causante, segundo a Federación Galega de Empresas Inmobiliarias (Fegein). Ademais, o segundo motivo é a seguridade que achega ao propietario, por tratarse de estancias curtas.

Fonte.- Atlántico