O Ministerio de Defensa negocia con Urbanismo a liberalización de 250 vivendas en Pontevedra

O Ministerio de Defensa negocia con Urbanismo a liberalización de 250 vivendas en Pontevedra

O Ministerio de Defensa retoma negociacións, xa existentes noutras ocasións, co conselleiro de Urbanismo, para a liberalización de case 250 vivendas en Campolongo, no municipio de Pontevedra. O obxectivo é incorporar ditas vivendas ao parque da cidade, dispoñibles para a venda aínda que con preferencia para corpos das forzas armadas. A cambio, o Ministerio abriría as zonas verdes e cedería dous locais ao concello, nunhas negociacións que se espera esta vez si cheguen a acordo.

Fonte.- Diario de Pontevedra