O Ministerio de Transportes e a Xunta firman un acordo para rehabilitar 300 vivendas nas cidades de Pontevedra, Ferrol e Lugo

O Ministerio de Transportes e a Xunta firman un acordo para rehabilitar 300 vivendas nas cidades de Pontevedra, Ferrol e Lugo

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana a través da Dirección Xeral de Vivenda e Solo ,e a Xunta firmaron un acordo para  rehabilitar 300 vivendas nas cidades de Pontevedra, Ferrol e Lugo cun orzamento de  11,2 millos dos que o Goberno central achegará, con cargo aos Fondos Next Generation, 5,3.

Do total dos 300 inmobles rehabilitados, 255 son de titularidade privada e 45 pública sendo Ferrol onde máis actuacións se van a realizar con 168 nos barrios de: A Magdalena-Ferrol Vello, 93 vivendas privadas e 1,82 millóns, A Graña con 6 e un orzamento de 95.700, Esteiro Vello (24 vivendas e 454.072 euros destinados) e Reicimil onde se rehabilitarán 45 pisos públicos por 1.1 millóns. En Pontevedra actuarase en 75 vivendas entre o Casco Histórico e Estribela cunha dotación de case 800.000 euros mentres que en Lugo o orzamento e algo menor a un millón de euros para 57 inmobles no Casco Vello.

Fonte.- Mitma