No mes de xullo en Galicia constituíronse un total de 1268 hipotecas sobre vivendas dun total de 1958 préstamos (incluindo préstamos sobre solares, fincas rústicas e urbanas) segundo datos do Instituto Nacional de Estatística o que supón unha subida do 2,4 % respecto aos datos do mesmo mes no 2021 pero comparados co mes de xuño supoñen unha caída do 0,2 %. Durante o mes de xullo na comunidade canceláronse 1221 préstamos sobre vivendas e houbo 311 modificacións, nos que se incluen tanto novacións coma subrogacións, tanto de deudor coma acredor.
En canto aos datos nacionais, o número de hipotecas constituidas sobre vivendas aumentaron en xullo un 2,3 % con respecto ao ano pasado, cun total de 35.918, o dato máis alto no mes dende 2010, sendo o importe medio de 146.445 euros, aumentando un 8,1 % interanual. Comparado cos datos de xuño, tanto o número de prestamos coma o seu importe retrocederon de maneira significativa, un 16 % e 16,6 % respectivamente. As hipotecas a tipo fixo foron o 75,4 %, o dato máis alto da serie histórica fronte ao 24,6 % a tipo variable.
Fonte.- EuropaPress