O Parlamento Europeo sinala a retirada de vivendas no mercado tradicional cara pisos turísticos como factor clave da crise de vivenda en Portugal | Observatorio de Vivenda

O Parlamento Europeo sinala a retirada de vivendas no mercado tradicional cara pisos turísticos como factor clave da crise de vivenda en Portugal

O Parlamento Europeo sinala a retirada de vivendas no mercado tradicional cara pisos turísticos como factor clave da crise de vivenda en Portugal

Un informe do Parlamento Europeo identifica o crecemento dos pisos turísticos como un dos principais factores da crise de vivenda en Portugal. Os eurodeputados consideran preocupante a retirada de inmobles do mercado de alugueiro permanente para destinalos a uso vacacional, especialmente en Lisboa, onde en determinados barrios históricos ata o 50 % das vivendas están orientadas a plataformas turísticas. O documento tamén sinala un desaxuste entre o mercado inmobiliario e a capacidade real da poboación, agravado pola presenza de investidores estranxeiros, o reducido parque de vivenda pública, que representa arredor do 2 %, e a existencia de numerosas vivendas baleiras ou abandonadas.

Os datos dispoñibles reflicten a dimensión do problema, con preto de 120.000 pisos turísticos rexistrados, equivalentes ao 2 % do parque residencial, e un incremento interanual do prezo da vivenda do 17,6 %. Ademais, rexistrouse un aumento do 44 % nos desaloxos, cun total de 1.447 casos. O informe cuestiona a eficacia de medidas públicas orientadas a estimular a demanda, como axudas á compra ou incentivos fiscais,  beneficios fiscais para alugueiros inferiores a 2.300 euros mensuais ou a redución do IVE ao 6 % para vivendas con prezos limitados, ao considerar que non contribúen de forma suficiente a incrementar a oferta dispoñible.

Fonte.- La Voz de Galicia