O peso dos grandes propietarios medra e redúcese o número de fogares con vivenda en propiedade, segundo un informe do Ministerio de Consumo | Observatorio de Vivenda

O peso dos grandes propietarios medra e redúcese o número de fogares con vivenda en propiedade, segundo un informe do Ministerio de Consumo

O peso dos grandes propietarios medra e redúcese o número de fogares con vivenda en propiedade, segundo un informe do Ministerio de Consumo

O número de fogares con acceso á propiedade en España reduciuse de forma significativa nun período de catorce anos, cun descenso do 22% nos fogares que contan cun único inmoble. Paralelamente, incrementouse un 63% o número de fogares sen ningunha propiedade, mentres que os que viven en réxime de alugueiro pasaron do 11,9% ao 19,2%. Estes datos reflicten unha mudanza estrutural no modelo residencial, caracterizada pola polarización entre fogares sen acceso á vivenda e aqueles con múltiples propiedades.

O informe elaborado polo Ministerio de Consumo en colaboración co IFS-CSIC indica que, malia que o parque inmobiliario medrou en arredor de dous millóns de inmobles, a súa distribución volveuse máis desigual. Os fogares con dous ou máis inmobles aumentaron un 54%, con crecementos progresivos segundo o número de propiedades, e os grandes tenedores incrementaron o seu peso un 35,3%, chegando a cuadruplicar o seu patrimonio ata acadar 626.000 inmobles. O estudo conclúe que esta evolución reforza a concentración da propiedade e vincula a crise da vivenda cun aumento da desigualdade patrimonial.

Fonte.- RTVE