O presidente luso veta o plan de vivenda de Portugal, aprobado previamente pola maioría absoluta socialista

O presidente luso veta o plan de vivenda de Portugal, aprobado previamente pola maioría absoluta socialista

O presidente luso, Marcelo Rebelo de Sousa, vetou o plan de vivenda aprobada pola maioría absoluta socialista que incluía medidas como o alugueiro forzoso de casas desocupadas ou limitacións aos apartamentos de uso turístico. De tal forma, devolveu o decreto ao Parlamento de Portugal para que realicen modificacións do programa presentado en febreiro.

Doutra banda, critica que a presentación dese paquete de medidas 'acabou por polarizar' o debate sobre o alugueiro forzoso e o aloxamento local, así como que 'apagou outras propostas e medidas' e 'dificultou un desexable acordo de réxime sobre vivenda, fóra e dentro da Asamble da República'.

Fonte.- La Voz de Galicia