O prezo da vivenda de nova construción incrementouse un 4,4% en Galicia

O prezo da vivenda de nova construción incrementouse un 4,4% en Galicia

O incremento do prezo da vivenda de nova construcción en Galicia aumentou un 4,4%, especialmente na cidade da Coruña (cun aumento do 5,3%) segundo un estudo publicado pola Sociedade de Taxación, mentres que o prezo da vivenda usada mantívose estable, segundo informou Idealista.

Por outra banda, o número de operacións de compravenda de vivenda na comunidade experimentou unha caída do 29% ao comezo do verán respecto ao mesmo periodo do ano pasado.

Esto último pode explicarse polo aumento dos prezos no mercado de alugueiro que alcanzou en xuño o prezo máximo da serie histórica segundo un informe publicado por Fotocasa.

Ademais, neste contexto o crédito concedido polos bancos ás familias caeu un 2% en xuño de 2023 respecto a 2022, e un 2,7% o financiamento concedido ás empresas.

Fonte.- Nós Diario