O prezo da vivenda descende en Barcelona ao tempo que aumenta en Madrid | Observatorio de Vivenda

O prezo da vivenda descende en Barcelona ao tempo que aumenta en Madrid

O prezo da vivenda descende en Barcelona ao tempo que aumenta en Madrid

O prezo medio da vivenda en arrendamento en España incrementouse un 6,3% interanual en abril, acadando os 10,80 euros o metro cadrado e chegando así ao seu máximo da serie histórica. Porén, a situación é dispar entre Madrid e Barcelona. 

En Barcelona, os alugueres baixaron un 1,7% interanual para quedar en 16,3 euros o metro cadrado, un 1,8% menos que o prezo máximo acadado en outubro de 2018, cando se chegou aos 16,6 euros/m2.

Pola súa banda, Madrid únese á tendencia nacional e sobe un 4,4%, por debaixo do incremento medio de España. Acada así o seu máximo da serie histórica con 15,9 euros o metro cadrado.

Fonte.- Idealista