O prezo da vivenda en alugueiro sube un 0,1% mensual en España en outubro | Observatorio de Vivenda

O prezo da vivenda en alugueiro sube un 0,1% mensual en España en outubro

O prezo da vivenda en alugueiro sube un 0,1% mensual en España en outubro

En España o prezo da vivenda en alugueiro subiu un 0,1% na súa variación mensual e un 9,6% na súa variación interanual, situando o sei prezo en 10,75 €/m2 ao mes en outubro, segundo os datos do Índice Inmobiliario Fotocasa. Este último valor é o quinto incremento interanual en cadea rexistrado en 2020 e a quinta suba máis alta despois do 12% de setembro, do 10,9% de abril, do 9,9% de marzo e do 9,8% de maio.

Aínda que o prezo do alugueiro sube con forza en parte das comunidades autónomas a nivel interanual comézanse a detectar algunhas comunidades nas que os prezos do alugueiro alcanzaron prezos elevados e xa están rexistrando descensos interanuais dende fai meses. Es é o caso de Baleares (-6,8%), Canarias (-2,2%) e Madrid (-2,1%).

Agora mesmo o mercado do alugueiro está evolucionando a diferentes velocidades e mentres hai zonas nas que os incrementos aínda son elevados en outras as caídas de prezo son xa unha realidade.

En España dez comunidades autónomas presentan datos mensuais negativos en outubro de 2020. Baleares cun descenso de -3,2% é a rexión na que máis baixa o prezo. Síguenlle a Rexión de Murcia (-3%), Extremadura (-2,2%), Comunitat Valenciana (-1,9%), Madrid (-1,4%), Cataluña (-0,9%), Castela e León (-0,8%), País Vasco (-0,4%), Navarra (-0,2%) e Asturias (-0,1%).

Por outro lado, o prezo da vivenda increméntase nas comunidades de La Rioja (2,6%), Aragón (1,7%), Galicia (0,7%), Castilla-La Mancha (0,5%), Canarias (0,2%) e Andalucía (0,1%).

Fonte | Fotocasa