O prezo da vivenda en China volve caer en xullo e xa van 14 meses consecutivos, segundo a Oficina de Estatística | Observatorio de Vivenda

O prezo da vivenda en China volve caer en xullo e xa van 14 meses consecutivos, segundo a Oficina de Estatística

O prezo da vivenda en China volve caer en xullo e xa van 14 meses consecutivos, segundo a Oficina de Estatística

Os prezos das vivendas continúan caendo en China e xa van 14 meses consecutivos, aínda que esta vez, o ritmo reduciuse con respecto ao mes anterior. Segundo os datos publicados pola Oficina de Estatística sobre as 70 cidades máis importante do país asiático, no mes de xullo caeu un 0,65% os prezos con respecto ao mes de xuño, cando descenderon 0,67%.

Entre as cidades máis importantes, 66 rexistraron reducións nos prezos da vivenda o mes pasado, fronte ás 64 rexistradas en xuño, e só dúas rexistraron incrementos nestes meses, Shangai e Xi'an.

En canto ás vivendas usadas, 67 das 70 cidades rexistraron descensos, e a Oficina de Estatísticas de China tamén indicaron unha caída mensual do 0,8% nestas propiedades durante o mes de xullo, fronte ao 0,85% o mes anterior.

Fonte.- Idealista