O prezo da vivenda en Ferrol mantense estable pese á crise da Covid

O prezo da vivenda en Ferrol mantense estable pese á crise da Covid

Segundo mostra a ferramenta de análise inmobiliaria do portal Idealista, o prezo medio de compra por metro cadrado en Ferrol sitúase nos 807 euros, un 0,3% máis que no mesmo mes do ano pasado (804).

Este lixero incremento resulta chamativo porque da continuidade á tendencia á alza rexistrada na cidade naval desde 2017, cando no mes de febreiro se rexistrou o custo máis baixo do último lustro, de 755 euros por metro cadrado. Dende entonces, a evolución do prezo mantívo a súa tendencia ao incremento, pese a baixadas puntuais seguidas de rápidas recuperacións nos últimos anos.

Outro dato destacable da análise é o cambio de preferencias dos veciños de Ferrol á hora de escoller un barrio no que adquirir unha vivenda. Se bien A Magdalena sempre ostentou o maior prezo por unidade de solo, a demanda nos últimos meses cambiaron totalmente esta tendencia, xa que a valoración do portal para o pasado mes de xaneiro sitúa a Ferrol Vello como a área co prezo máis elevado.

Fonte | Diario de Ferrol