O prezo da vivenda en Galicia aumenta un 4 % no segundo trimestre | Observatorio de Vivenda

O prezo da vivenda en Galicia aumenta un 4 % no segundo trimestre

O prezo da vivenda en Galicia aumenta un 4 % no segundo trimestre

Os datos de Galicia sitúan a media en 1.344,6 euros por metro cadrado, o que supón un 4 % máis respecto ao mesmo período do 2023 e cinco décimas máis que no trimestre anterior. Este é o prezo máis alto que se rexistra desde o último trimestre de 2011, cando o metro cadrado situábase en 1.373,2 euros, segundo informa o Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana. Respecto ao primeiro trimestre do ano, a subida foi dun 0,5 %. Este é o prezo máis alto que se rexistra desde fai uns 12 anos.

Entre as provincias galegas, Pontevedra é a que presenta unha maior subida de prezos, cun 6,1 % máis respecto ao mesmo período do ano pasado e 0,4 % en comparación ao primeiro trimestre. O prezo sitúase en 1.464 euros por metro cadrado, o máis alto de Galicia. Séguelle A Coruña, onde os prezos tamén subiron máis que a media galega, concretamente un 4,1 % interanual e un 0,9 % trimestral, situándose o prezo da vivenda nesta provincia en 1.398,6 euros por metro cadrado. 

No extremo contrario están Lugo e Ourense, cunha subida do 3 % interanual e unha baixada do 1,5 % trimestral, e unha baixada de prezos do 1,8 % interanual e unha subida do 0,9 % en comparación cos prezos de xaneiro a marzo deste ano, respectivamente. A media por metro cadrado queda en 955,9 euros. Comparando co primeiro trimestre, sufriu unha subida do 0,9 %. Agora, o valor sitúase en 944,4 euros de media. Estas dúas provincias están entre as máis baratas de España.

Fonte.- La Voz de Galicia