O prezo da vivenda en Pontevedra alcanza un máximo histórico, segundo datos do Ministerio de Vivenda | Observatorio de Vivenda

O prezo da vivenda en Pontevedra alcanza un máximo histórico, segundo datos do Ministerio de Vivenda

O prezo da vivenda en Pontevedra alcanza un máximo histórico, segundo datos do Ministerio de Vivenda

O prezo medio da vivenda libre en Pontevedra alcanzou os 2.084 euros por metro cadrado, a cifra máis elevada rexistrada na serie histórica do Ministerio de Vivenda, tras experimentar un incremento interanual do 23%. Este valor sitúa á cidade por primeira vez por riba da barreira dos 2.000 euros por metro cadrado e convértea na capital provincial número 23 con maior prezo medio da vivenda en España. Ademais, o valor medio dos inmobles duplicouse en aproximadamente oito anos, consolidando unha tendencia alcista continuada desde os mínimos rexistrados entre 2017 e 2018. Dentro de Galicia, Pontevedra é o quinto municipio de máis de 25.000 habitantes cos prezos máis elevados, por detrás da Coruña, Santiago de Compostela, Vigo e Oleiros.

Entre 2016 e 2025 vendéronse en Pontevedra 6.830 vivendas, das que 167 contaban con algún tipo de protección pública. Para aumentar a oferta de vivenda a prezos máis accesibles, a Xunta impulsa un desenvolvemento residencial entre San Mauro, O Marco e A Parda, onde están previstas máis de 2.000 vivendas, das que polo menos 1.600 serán protexidas. O informe tamén reflicte importantes incrementos dos prezos noutros municipios da contorna, como Marín, cunha subida do 31% e un valor medio de 1.415 euros por metro cadrado, así como Vilagarcía e Cangas, que superan os 1.450 e se achegan aos 1.750 euros por metro cadrado, respectivamente.

Fonte.- Faro de Vigo