O prezo da vivenda en Reino Unido descende por sexto mes consecutivo

O prezo da vivenda en Reino Unido descende por sexto mes consecutivo

Segundo os datos oficiais da Oficina Nacional de Estatística, o prezo da vivenda en Reino Unido volveu a baixar, esta vez un 1,4% no mes de decembro, e acumula seis meses consecutivos de descensos. Con todo, a baixada en decembro foi menor que a de novembro, no que o prezo caeu un 2,3%. Neste mes, o prezo medio da vivenda situouse en 285.000 libras (uns 333.000 euros aproximadamente) o que implica un descenso de 4.000 libras con respecto a decembro de 2022, e 7.000 libras por debaixo do dato de setembro de 2023.

A rexión na que máis se notou este descenso foi en Londres, onde os prezos descenderon un 4,8% interanual, pero sitúase tamén por debaixo do descenso de novembro, onde baixaron un 5,5%. Sen embargo, a cidade de Londres continua sendo a máis cara do país para adquirir unha vivenda, con 508.000 libras en promedio. 

Algúns índices máis recentes, como Halifax ou Nationwide, xa amosan un certo aumento nos prezos en xaneiro, co primeiro mostrando as subidas máis rápidas do último ano. Os axentes inmobiliarios ingleses xa mostraron o seu optimismo ante este primeiro incremento en venda de casas e na demanda desde 2022. Neste sentido, o Banco de Inglaterra anunciou que as aprobacións de novas hipotecas aumentaron en decembro a números de seis meses antes. Isto debeuse, en gran medida, á baixada nos intereses hipotecarios, e que se espera que próximamente descendan ata o 4,5%, fronte ao 5,25% no que se atopan actualmente.

Fonte.- Idealista