O prezo da vivenda libre alcanza no segundo trimestre o valor máximo nos últimos 15 anos segundo a estatística do Ministerio de Vivenda | Observatorio de Vivenda

O prezo da vivenda libre alcanza no segundo trimestre o valor máximo nos últimos 15 anos segundo a estatística do Ministerio de Vivenda

O prezo da vivenda libre alcanza no segundo trimestre o valor máximo nos últimos 15 anos segundo a estatística do Ministerio de Vivenda

O prezo medio da vivenda creceu un 5,7% no segundo trimestre do ano, ata alcanzar os 1.895,6 euros por metro cadrado, segundo a estatística sobre o valor taxado da vivenda publicada polo Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana. De acordo con estes datos, o prezo da vivenda libre experimentou unha subida trimestral do 1,6%, alcanzando o seu valor máis alto dos últimos 15 anos, desde o terceiro trimestre de 2009, cando se situou en 1.896,8 euros por metro cadrado.

A comunidade co metro cadrado máis caro no segundo trimestre foi Madrid, con 3.198 euros, seguida por Illas Baleares (3.108,7 euros) e País Vasco (2.620 euros), mentres que o prezo máis barato rexistrouse en Estremadura, con 898,7 euros. 

Ningunha comunidade reduciu o seu prezo en comparación ao ano anterior, e os incrementos máis elevados rexistráronse en Illas Baleares e Aragón, cun 8,3% máis en ambos os casos, Andalucía (7,5%) e Comunidade Valenciana e Madrid (7,4% en ambos os casos tamén). O menor incremento de prezo rexistrouse na Rioxa, cunha alza interanual do 2,1%, ata os 1.209,8 euros por metro cadrado. 

En relación á vivenda protexida en España, o prezo medio do metro cadrado nos primeiros seis primeiros meses do ano foi de 1.169,4 euros por metro cadrado, un 0,4% máis que no mesmo período do ano anterior. Finalmente, o número de taxacións inmobiliarias utilizadas para realizar o cálculo dos prezos da vivenda ata xuño foi de 193.106 vivendas.

Fonte.- Idealista