O prezo da vivenda usada acada un novo máximo histórico en España con 2.823 euros por m2, segundo datos de Idealista | Observatorio de Vivenda

O prezo da vivenda usada acada un novo máximo histórico en España con 2.823 euros por m2, segundo datos de Idealista

O prezo da vivenda usada acada un novo máximo histórico en España con 2.823 euros por m2, segundo datos de Idealista

O prezo da vivenda usada en España incrementouse un 15,8 % en taxa interanual durante o segundo trimestre do ano, segundo o índice de prezos de Idealista. O valor medio situouse en 2.823 euros por metro cadrado, un 4,2 % máis que no trimestre anterior, o que supón un novo máximo histórico da serie. Ademais, 24 das 52 capitais analizadas alcanzaron os seus rexistros máis elevados, incluídos os principais mercados do país. Madrid superou por primeira vez os 6.000 euros por metro cadrado, mentres que San Sebastián continúa como a capital máis cara con 6.415 euros por metro cadrado.

Os prezos aumentaron en todas as comunidades autónomas, con especial intensidade na Rexión de Murcia (21,1 %), Cantabria (18,4 %) e Andalucía (16,6 %), mentres que Galicia rexistrou un incremento do 10 %. A nivel provincial, só Ourense experimentou un descenso dos prezos (-0,5 %), fronte ás maiores subas de Murcia (21,1 %), Valencia (20,4 %) e Toledo (18,6 %). Baleares mantense como a provincia e comunidade autónoma cos prezos máis elevados, con 5.337 euros por metro cadrado, seguida da Comunidade de Madrid, con 4.786 euros por metro cadrado.

Fonte.- Idealista