O prezo da vivenda usada alcanza os 2.955 euros por metro cadrado, tras crecer un 11,2% no último ano, segundo Idealista | Observatorio de Vivenda

O prezo da vivenda usada alcanza os 2.955 euros por metro cadrado, tras crecer un 11,2% no último ano, segundo Idealista

O prezo da vivenda usada alcanza os 2.955 euros por metro cadrado, tras crecer un 11,2% no último ano, segundo Idealista

O prezo da vivenda usada en venda en España situouse en 2.955 euros por metro cadrado, tras experimentar un incremento interanual do 11,2%, segundo o índice inmobiliario de Idealista. O valor representa o máximo da serie histórica iniciada en 2006. Todas as comunidades autónomas rexistraron aumentos, con Castela-A Mancha á cabeza (15,4%), seguida de Cantabria (14,2%) e Aragón (13%). Galicia anotou unha suba do 11,2%, mentres que a Comunidade de Madrid rexistrou un incremento do 5,5%. Baleares foi a autonomía máis cara, con 5.619 euros por metro cadrado, seguida de Madrid, con 5.066 euros. No extremo máis económico situáronse Estremadura (1.074 euros), Castela-A Mancha (1.178 euros) e Castela e León (1.412 euros).

A evolución provincial amosou incrementos en 49 provincias, coa única excepción de Ourense, onde os prezos diminuíron un 0,4%. Burgos liderou as subas, cun 19,9%, seguida de Toledo (17,6%) e Cidade Real (17,3%). Entre as capitais, Teruel rexistrou o maior encarecemento, cun 26,9%, mentres que San Sebastián foi a única que experimentou unha caída, do 0,3%. Esta cidade mantívose como a capital máis cara, con 6.635 euros por metro cadrado, seguida de Madrid, con 6.427 euros, e Barcelona, con 5.463 euros. Zamora foi a capital máis económica, cun prezo de 1.457 euros por metro cadrado.

Fonte.- Idealista