O prezo da vivenda usada rexistra unha subida do 0,3% durante o mes de xullo en España, segundo Idealista

O prezo da vivenda usada rexistra unha subida do 0,3% durante o mes de xullo en España, segundo Idealista

No mes de Xullo, o prezo da vivenda usada en venda en España subiu un 0,3% chegando a 1.996 euros/m2, sendo Canarias, Aragón e Asturias as comunidades que lideran a subida mensual segundo o último índice de prezos inmobiliarios de idealista.

Este dato supón un incremento do 7,2% sobre o prezo rexistrado o mesmo mes do ano pasado, pero sitúase un 5,6% por baixo do prezo máximo histórico da vivenda en España de 2007.

Ata 25 provincias rexistran prezos superiores aos do mes anterior. Doutra banda, na comunidade de Madrid e Galicia o prezo da vivenda usada en venda mantívose durante o mes de xullo sen cambios destacables.

Baleares reafírmase como a provincia cos prezos máis elevados para adquirir unha vivenda (3.973 euros/m2) e Ciudad Real como a provincia máis económica cun prezo de 752 euros/m2.

Fonte: Idealista