O prezo do alugueiro aumenta un 5,8% e alcanzan os 15,1 euros por metro cadrado en agosto, segundo idealista | Observatorio de Vivenda

O prezo do alugueiro aumenta un 5,8% e alcanzan os 15,1 euros por metro cadrado en agosto, segundo idealista

O prezo do alugueiro aumenta un 5,8% e alcanzan os 15,1 euros por metro cadrado en agosto, segundo idealista

O prezo do alugueiro en España aumentou un 5,8% en termos interanuais e situouse en 15,1 euros por metro cadrado ao mes, segundo o último informe de idealista. As rendas creceron no 96% das capitais de provincia analizadas, con incrementos especialmente elevados en Huesca, do 15%, Huelva, do 14,6%, e Soria, do 12,4%. Madrid mantense como a capital máis cara para alugar, cun prezo medio de 23,3 euros por metro cadrado, seguida de Barcelona, con 20,2 euros, e Palma, con 19,3 euros.

A evolución tamén foi maioritariamente ascendente nas provincias e comunidades autónomas. O alugueiro aumentou en 48 das 50 provincias, encabezadas por Toledo, cun incremento do 12,3%, mentres que Guipúscoa e Álava foron as únicas que rexistraron descensos. Por comunidades, Aragón liderou as subidas cun 10,2%, fronte á baixada do 1,6% rexistrada no País Vasco, a única comunidade con rendas inferiores ás do ano anterior. Galicia situouse por baixo da media estatal, cun incremento do 3,9%, mentres que a Comunidade de Madrid, con 21,5 euros por metro cadrado, e Baleares, con 20 euros, concentraron os prezos autonómicos máis elevados.

Fonte.- Idealista