O prezo do alugueiro en A Coruña alcanza o seu máximo, mentres que o de venda está moi preto, segundo Idealista

O prezo do alugueiro en A Coruña alcanza o seu máximo, mentres que o de venda está moi preto, segundo Idealista

O prezo de alugueiro medio en A Coruña alcanza neste punto o seu máximo da serie histórica, alcanzando os 9,6€/m2 tras un aumento do 5,7% con respecto ao mesmo mes do ano anterior. Ademáis, a oferta é a mínima rexistrada, entre as 300 e 350 vivendas, cando o normal é que estivesen ofertadas en torno a 900. A escaseza de solo, o aumento dos custes de construción o a proliferación de vivendas turísticas son algúns dos factores que explican este fenómeno segundo os distintos axentes do sector inmobiliario. 

Os prezos da compra de vivenda alcanzaron os 2.386 euros por metro cadrado segundo o portal Idealista, o que supón unha subida do 3,8% interanual, pero aínda non chega ao máximo que se alcanzou en 2008. A maior parte da oferta de vivenda en venda corresponde a inmobiles de segunda man, concretamente, segundo Idealista, son 1.654 os anuncios de espazos desta categoría, o que supón o 98,19% da oferta na cidade. Polo tanto, menos do 2% corresponden a ofertas de nova construción. Ás promocións actualmente en construción súmanse varias iniciativas xa aprobadas, que prevén a construción de 3.585 vivendas repartidas en 20 bloques, das cales 940 serán de protección oficial co obxectivo de paliar esta situación de oferta e prezos. 

Dende a Asociación Provincial de Promotores Inmobiliarios da Coruña (Aproinco) expresan que o aumento do prezo nas vivendas en venda responde a diversos factores, entre os que destaca o aumento dos custos dos materiais de construción, non só polas consecuencias da crise de Ucraína, senón tamén polo aumento das esixencias normativas.

Fonte.- La Voz de Galicia