O prezo do alugueiro en Galicia sobe un 10,6% en abril, segundo os últimos datos de Fotocasa | Observatorio de Vivenda

O prezo do alugueiro en Galicia sobe un 10,6% en abril, segundo os últimos datos de Fotocasa

O prezo do alugueiro en Galicia sobe un 10,6% en abril, segundo os últimos datos de Fotocasa

En abril de 2025, o prezo do alugueiro en Galicia rexistrou un aumento interanual do 10,6%, segundo datos do portal Fotocasa. Isto supón que alugar unha vivenda media de 80 metros cadrados supera xa os 800 euros, cun prezo medio de 10,01 euros por metro cadrado. En comparación co mes anterior, marzo, a suba foi do 2,5%, consolidando así unha tendencia á alza nos prezos do mercado do alugueiro na comunidade galega.

Por provincias, Lugo lidera o incremento cunha suba do 19,6%, seguida por Ourense (15,9%), A Coruña (12,2%) e Pontevedra (5,6%). No ámbito municipal, Sanxenxo destaca como o concello cun maior encarecemento do alugueiro en abril, cunha suba do 21,5%, mentres que Ferrol tamén experimenta un forte repunte, cun 19,7%. Estes datos reflicten unha crecente presión sobre o acceso á vivenda en réxime de alugueiro, especialmente nas zonas máis demandadas.

Fonte.- GaliciaPress