O prezo dos alugueiros baixa un 6% en maio en España, a maior caída desde 2013

O prezo dos alugueiros baixa un 6% en maio en España, a maior caída desde 2013

O mes de maio pechouse cunha caída do prezo do alugueiro en España do 6% interanual ata establecerse en 10,7 euros/m2/mes, segundo o último informe de prezos publicado por Idealista. Ademais, o prezo caeu un 1,2% no último trimestre e un 0,5% nos últimos 30 días.

Durante o último ano, 23 capitais experimentaron caídas no prezo da vivenda en alugueiro, sendo os decrementos máis pronunciados os de Barcelona e Madrid (17,8% e 13,4% respectivamente). A continuación, aparecen as caídas de Palma (-11,6%), Sevilla (-9,1%), Málaga (-8,2%), Valencia (-7,9%), Alacante (-5,4%), Las Palmas de Gran Canaria (-5,3%), Valladolid (-4,4%) e Salamanca (-2,6%).

Polo lado das autonomías, o prezo medio do alugueiro de vivenda descendeu en 6 delas no último ano. Baleares (-15,6%), Cataluña (-12,4%) e a Comunidade de Madrid (-10,7%) lideran as caídas, seguidas de Canarias (-3,3%), Comunitat Valenciana (-3%) e Andalucía (-0,3%). Doutra banda, as rendas das vivendas en aluguer subiron durante os últimos doce meses na Rioxa (5,9%), Cantabria (5,6%), Castela-A Mancha (5,1%), Galicia (5%) e Estremadura (4%). Por baixo do 4% están as subidas de Navarra (3,9%), Rexión de Murcia, Aragón e Asturias (3,4% no tres casos), Castela e León (2,5%) e Euskadi (1,2%).

Fonte | Idealista