O prezo dos alugueiros en España rexistra unha nova caída interanual en novembro, cun descenso do 5,9%, segundo o último informe de prezos publicado por Idealista | Observatorio de Vivenda

O prezo dos alugueiros en España rexistra unha nova caída interanual en novembro, cun descenso do 5,9%, segundo o último informe de prezos publicado por Idealista

O prezo dos alugueiros en España rexistra unha nova caída interanual en novembro, cun descenso do 5,9%, segundo o último informe de prezos publicado por Idealista

O mes de novembro péchase cunha nova caída interanual do prezo dos alugueiros en España, xa que segundo o último informe de prezos publicado por Idealista, no último mes os prezos diminuíron un 5,9% ata establecerse en 10,5 euros/m2/mes.

Desta forma, o descenso xeral do trimestre é do 1,4%, rexistrando as maiores caídas en Madrid (-5,7%), Cataluña (-4%), Castela e León (-1%) e Comunitat Valenciana (-0,6%). `Pola outra banda, as rendas das vivendas en alugueiro subiron durante o último ano en Cantabria (7,1%), Galicia (5,4%), Castela-A Mancha (3,5%), Canarias (3,1%) e Rexión de Murcia (3%). 

Así, a Comunidade de Madrid (13,6 euros/m2/mes) é a rexión máis cara en materia de alugueiro, seguida de Cataluña (13,4 euros/m2/mes), Euskadi (12,4 euros/m2/mes) e Baleares (12 euros/m2/mes). 

Fonte | Idealista