O prezo medio dos alugueiros cae un 5,9% en España no último ano segundo un informe de Idealista | Observatorio de Vivenda

O prezo medio dos alugueiros cae un 5,9% en España no último ano segundo un informe de Idealista

O prezo medio dos alugueiros cae un 5,9% en España no último ano segundo un informe de Idealista

O prezo medio dos alugeiros en Españ baixou ata os 10,5 euros. Isto supón unha baixada interanual do 5,9%, segundo datos do útlimo informe publicado por idealista. Non obstante, no útlimo mes non se producíu variación algunha, mais a caída e do 1,4% no último trimestre.

Máis reseñable é que esta baixada só se producíu en sete capitais. A maior baixada dos prezos acadouna Ourense chegando os 5,8 euros por m2, o que supón un descenso do 7,9%. Figuran tamén nesta baixada de prezos Madrid (-4,9%), León (-4%), Granada (-3,2%), Salamanca (-2,4%), Jaén (-1,9%) e Barcelona (-1,7%). No extremo oposto, nas capitais onde o prezo ascendeu, figura Pontevedra á cabeza cunha subida do 10,5% acadando os 7,1 euros por m2. Seguida por Zamora (8,2%), Albacete (8,1%), Huelva (6,7%) e Santa Cruz de Tenerife (6,6%).

Se empregamos as comunidades como unidade de medida, o prezo medio dos alugueiros só descendeu en catro autonomías. A Comunidade de Madrid e Cataluña experimentaron a baixada máis intensa, con descensos do 5,7% e do 4% respectivamente. Pero aínda despoís da caída dos prezos son as comunidades máis caras con 13,6 euros/m2 no caso de Madrid e de 13,4 euros/m2 en Cataluña. Os descensos dos prezos tiveron lugar en Castilla y León e a Comunidade Valenciana con caídas do 1% e do 0,6% respectivamente.

Por outra banda, as rendas das vivendas en alugeiros subiron durante o último ano en Cantabria (7,1%); Galicia (5,4%), Castilla-La Mancha (3,5%), Canarias (3,1%) e a Rexión de Murcia (3%). Así mesmo, as rendas baixaron en Navarra (-2,5%), Aragón (-2%), La Rioja (-1,5%), Euskadi (1,1%), Baleares (-0,4%) e Andalucía (-0,1%).

Fonte | El Economista