O prezo tasado da vivenda na Coruña medrou un 73 % nunha década, segundo datos do Ministerio de Vivenda | Observatorio de Vivenda

O prezo tasado da vivenda na Coruña medrou un 73 % nunha década, segundo datos do Ministerio de Vivenda

O prezo tasado da vivenda na Coruña medrou un 73 % nunha década, segundo datos do Ministerio de Vivenda

O valor medio tasado da vivenda na Coruña pasou de menos de 1.600 euros por metro cadrado no primeiro trimestre de 2016 a case 2.760 euros no mesmo período de 2026, o que supón un incremento do 73 %. Esta evolución supera amplamente o aumento acumulado da inflación, do 30 %, e o crecemento do salario medio, que entre 2016 e 2023 avanzou un 17,5 %. A vivenda usada concentrou boa parte deste encarecemento, cunha subida próxima ao 73 %, fronte ao incremento do 58,4 % rexistrado nos inmobles de ata cinco anos de antigüidade.

A Coruña presenta os valores medios por metro cadrado máis elevados entre as sete cidades galegas, por diante de Santiago, con 2.365 euros, Vigo, con algo máis de 2.300 euros, e Pontevedra, con 2.083 euros. No entanto, o incremento acumulado na última década foi superior en Pontevedra, cun 95,2 %, e en Vigo, cun 78,2 %. Nos municipios da contorna coruñesa, a evolución tamén superou a da cidade: Oleiros rexistrou unha subida do 87,8 %, Arteixo do 84,9 % e Culleredo do 84,1 %.

Fonte.- La Opinión de A Coruña