O primeiro Plan de Atención a Persoas sen Fogar de Galicia será aprobado no vindeiro mes | Observatorio de Vivenda

O primeiro Plan de Atención a Persoas sen Fogar de Galicia será aprobado no vindeiro mes

O primeiro Plan de Atención a Persoas sen Fogar de Galicia será aprobado no vindeiro mes

O primeiro Plan de Atención a Persoas sen Fogar de Galicia, vai tomando forma. O Goberno autonómico quere aprobar o próximo mes este proxecto, que comeza cun informe impulsado pola Consellería de Política Social e Cruz Vermella no que se radiografiou a situación en Galicia, onde máis de 1.200 persoas dormen a diario na rúa ou en albergues.

O plan combina a aposta polos centros de acollida coa creación de setenta novas prazas, pero a iniciativa de maior impacto é a posta a disposición dun centenar de vivendas para acelerar a integración das persoas sen fogar. 

Fonte.- La Voz de Galicia