O programa para a adquisición de vivendas por menores de 35 anos en municipios de menos de 5.000 habitantes recibe 213 solicitudes de axuda

O programa para a adquisición de vivendas por menores de 35 anos en municipios de menos de 5.000 habitantes recibe 213 solicitudes de axuda

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda anunciou que o programa de axudas á adquisición de vivenda por menores de 35 anos en municipios con menos de 5.000 habitantes recibiu na súa última convocatoria un total de 213 solicitudes. Co peche do prazo de presentación, o Instituto Galego da Vivenda e Solo comezou a revisión da documentación presentada por cada solicitante co fin de conceder axudas polo importe total da convocatoria, 800.000 euros, sempre e cando se cumpran os requisitos marcados na orde.

Así o programa de axudas á adquisición de vivenda por menores de 35 anos en municipios con menos de 5.000 habitantes impulsado polo Goberno galego representa unha oportunidade para a recuperación e o impulso de 215 concellos rurais; pois non só se facilita a emancipación da mocidade galega, senón que loita contra o despoboamento do rural.

Tamén se actúa no eido urbanístico e na recuperación do patrimonio xa que as vivendas adquiridas están, en certos casos, deshabitadas e en desuso e os novos propietarios daranlle uns novos coidados e executarán obras de mellora nas mesmas.

Fonte | IGVS