O sector estranxeiro acumula case o 15% das compravendas de vivienda no segundo trimestre en España, segundo datos do Colexio de Rexistradores | Observatorio de Vivenda

O sector estranxeiro acumula case o 15% das compravendas de vivienda no segundo trimestre en España, segundo datos do Colexio de Rexistradores

O sector estranxeiro acumula case o 15% das compravendas de vivienda no segundo trimestre en España, segundo datos do Colexio de Rexistradores

Segundo datos do Colexio de Rexistradores, recollidos polo portal inmobiliario Pisos.com, o sector estranxeiro representa o 14,48% das compravendas totais no segundo trimestre de 2024, o que supón un punto máis que fai dez anos, cando se situaba nun 13,03%. En canto ás comunidades autónomas que máis compravendas acumulan no seu territorio, o ranking está composto por Baleares (33,37%), Canarias (31,11%), Comunidade Valenciana (28,79%), Murcia (23,58%) e Cataluña (16,11%).

Aínda que existe un leve retroceso no último ano, os datos expostos están moi próximos do máximo histórico da serie, que se rexistrou no terceiro trimestre de 2023, momento no que a compravenda inmobiliaria por parte de foráneos no noso país representaba o 15,44%, fronte ao 14,48% actual.

Entre as nacionalidades que máis compravendas e compras realizan en España, destaca Reino Unido, cun 8,37%, seguida por Alemaña cun 6,98% e o terceiro posto do podio lévallo Marrocos, cun 6,10%. A continuación, e superando o 5%, atópanse Romanía (5,31 %), Francia (5,22 %), Italia (5,18 %) e Países Baixos (5,14 %). No caso dos británicos, aínda que continúan sendo a nacionalidade con maior porcentaxe de compravendas, nos últimos dez anos produciuse un descenso importante, pasando do 15,77 % en 2014 ao 8,37 % actual. 

Fonte.- ABC