O Tribunal Supremo confirma o decreto da Xunta que prohibe o alugueiro turístico por habitacións

O Tribunal Supremo confirma o decreto da Xunta que prohibe o alugueiro turístico por habitacións

A Xunta emitiu un comunicado indicando a resolución do Tribunal Supremo sobre a validez de dous artigos do decreto de regulación de vivendas turísticas de Galicia. 

O Supremo eliminara o pasado Outubro os artigos que prohibían o aluguer de dormitorios de vivendas turísticas. O TS anulou esta sentenza, tras recorrer o fallo a Xunta. Nun primeiro momento os organismos que recorreron a regulación galega ante o TS foron a Comisión Nacional do Mercado da Competencia (CNMC) e a Administración do Estado.

Esta decisión implica que tanto as vivendas turísticas como as vivendas de uso turístico deben sempre comercializarse pola totalidade da vivenda e non por estancias, lembra a Administración galega.

Fonte| Atlántico