A ocupación das VUT alcanza a totalidade das prazas en Galicia nos primeiros 20 días de agosto

A ocupación das VUT alcanza a totalidade das prazas en Galicia nos primeiros 20 días de agosto

Durante o pasado mes de xullo rexistrouse unha ocupación media das vivendas de uso turístico (VUT) na comunidade galega do 76 por cento, no caso das Rías Baixas, concretamente, foi en torno ao 80 por cento. No mes de agosto a cifra foi aínda superior chegando ao 100 por cento, con todas as prazas cubertas e con lista de espera, segundo rexistra a asociación Aviturga.

En canto aos hoteis, en Vigo alcanzaron o 90 por cento nos seus mellores días do mes de agosto. O municipio máis turístico de Galicia, Sanxenxo, recolle preto de 200.000 pernoitas hostaleiras e moitas máis nas VUT. As estancias, en xeral, son máis curtas, e os prezos subiron un pouco respecto a períodos anteriores.

O número de VUT en Sanxenxo rexistra un total de 2.700 e en Vigo 1.200. Na comunidade galega recóllense 20.000 aproximadamente.

Fonte.- Atlántico Diario