As operacións de vivenda recuperan o crecemento cun avance do 1,3 % en agosto, segundo o Colexio de Rexistradores | Observatorio de Vivenda

As operacións de vivenda recuperan o crecemento cun avance do 1,3 % en agosto, segundo o Colexio de Rexistradores

As operacións de vivenda recuperan o crecemento cun avance do 1,3 % en agosto, segundo o Colexio de Rexistradores

Segundo o avance da Estatística Rexistral Inmobiliaria do Colexio de Rexistradores, rexistráronse 48.700 compravendas de vivenda, un 1,3 % máis en termos interanuais. Trátase do segundo incremento do exercicio, xunto co de xuño. Dez comunidades autónomas presentaron aumentos, con Extremadura (19,3 %), Cantabria (13,7 %) e Murcia (13,4 %) á cabeza. Pola contra, La Rioja (-18,7 %), Castela e León (-10,4 %) e Illes Balears (-9,4 %) concentraron as maiores caídas. Andalucía, Cataluña e a Comunitat Valenciana situáronse entre os territorios con maior número de operacións, con Andalucía por riba das 9.400 compravendas de vivenda.

No ámbito hipotecario, constituíronse máis de 33.600 préstamos sobre vivendas, un 1,6 % máis, mentres que o total de hipotecas sobre inmobles descendeu un 0,3 %. Os maiores incrementos das hipotecas sobre vivenda corresponderon a Extremadura (23,5 %), Navarra (22,9 %), Melilla (19,4 %) e Canarias (19 %), fronte aos retrocesos de La Rioja (-28,3 %), Illes Balears (-25,8 %) e Aragón (-12,9 %). As hipotecas sobre vivenda representaron o 69,1 % das compravendas deste tipo de inmobles, mantendo un peso superior ao 70 % durante boa parte do período analizado. O Colexio de Rexistradores sinala que o repunte das compravendas debe interpretarse con cautela, ao tratarse dun comportamento que aínda non permite confirmar un cambio de tendencia.

Fonte.- Registradores