Ortiz destaca o avance da Xunta en Navia cunha nova licitación para 26 vivendas de promoción pública | Observatorio de Vivenda

Ortiz destaca o avance da Xunta en Navia cunha nova licitación para 26 vivendas de promoción pública

Ortiz destaca o avance da Xunta en Navia cunha nova licitación para 26 vivendas de promoción pública

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, visitou este luns, acompañada do director territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, José Manuel González, a parcela M-IIIB-14, emprazada no polígono 2 de San Paio de Navia, na que o Goberno galego construirá 26 vivendas de promoción pública na parcela

As obras para a construción do inmoble licitaranse por un importe de 5.576.340 euros, e seguirán o proxecto redactado pola UTE Navia 14 (Martín de Cominges Carvallo, José Javier Villacé Rodríguez, Juan Bautista Pons Herrera e Lucas Gándara Álvarez), adxudicado por importe de 198.440 euros. Ao investimento hai que sumar o valor da parcelas na que se constrúen as vivendas, urbanizada pola Xunta de Galicia.

O edificio proxectado consta dunha planta soto para 26 prazas de garaxe, 2 rochos e locais de instalacións e servizos; planta baixa dedicada a soportais, 2 portais, 1 local para uso terciario, 24 rochos e locais de instalacións e servizos; plantas primeira e segunda para uso de vivenda, con 8 vivendas por planta; planta terceira para uso de vivenda con sete vivendas e planta ático con 3 vivendas. Hai 2 portais de acceso, e cada un deles dá servizo a 13 vivendas.

Disporá de 13 vivendas de dous dormitorios (unha delas adaptada para o uso por persoa con mobilidade reducida), 10 de tres dormitorios e 3 de catro dormitorios.

Compromiso da Xunta de Galicia

A representante autonómica sinalou que esta promoción insírese no “compromiso da Xunta de Galicia de duplicar o parque público de vivenda”, chegando a un total de 8.000 unidades, antes do remate de 2028, que se converterán en 10.000 no ano 2030. Con tal fin, xa están en diversas fases de execución 4.000 novas vivendas de promoción pública en Galicia.

Ana Ortiz destacou que en Vigo a Xunta ten actualmente 927 vivendas de promoción pública en diversas fases de execución, todas elas en solo urbanizado pola Xunta de Galicia. “Avanzamos sen pausa para achegar solucións en materia de vivenda e este barrio de Navia é unha magnífica mostra deste traballo inxente por parte do Goberno galego”, sinalou.

Fonte.- Xunta de Galicia