Os baixos comerciais desocupados en Galicia poden reconverterse en 6.000 vivendas cun cambio na normativa

Os baixos comerciais desocupados en Galicia poden reconverterse en 6.000 vivendas cun cambio na normativa

O sector inmobiliario está a favor dun cambio na normativa que logre facilitar ou permitir, en determinadas situacións, que baixos comerciais abandonados ou carentes de actividade dentro de contornas urbanas poidan renunciar ao seu obxectivo de uso inicial para reconverterse en vivendas. Actualmente en Galicia un total de 6.000 baixos atópanse nesta situación, a maioría nas grandes cidades e, en concreto, máis dun milleiro na cidade de Vigo. 

A cidade olívica e A Coruña son os dous municipios galegos onde é máis caro o prezo de alugueiro de locais comerciais. 

Fonte.- Atlántico Diario